1. ¿Que é unha empresa de turismo rural? Pon un exemplo.
Son as empresas dedicadas a crear actividades recreativas e aloxar aos clientes nas zonas rurais.
Un exemplo son as casas rurais
2. ¿A quen vai dirixida esta actividade, quen son os clientes?
A persoas que valoran o espazo natural lonxe das cidades.
3. Dos clientes anteriores, algúns asinarían contratos de un ano ou máis tempo ¿cales serían?
Serían clientes que poden dispoñer dos servizos do noso negocio durante un tempo indefinido ao longo do ano
4. ¿Que factores son claves para unha empresa dedicada ao turismo rural?
Ter unha zona rural onde instalar o negocio, dar a posibilidade de hostalería, ofrecer variedade de actividades no espazo rural…
5. ¿Canto pode facturar (ingresar) unha empresa deste tipo? ¿A canto poden ascender os gastos?. Logo ¿Cal será o beneficio anual (lembra que o beneficio é a diferenza entre ingresos e gastos)?
Pode chegar a facturar 61.373€ anuais. Os gastos serían aproximadamente de 47.973€, e por ultimo, o beneficio bruto seria un 22,52% da facturación, correspondente a aproximadamente 13.880€
6. Características básicas da empresa (instalacións, persoal, investimento)
A empresa tería que estar situada nun espazo rural, onde predomine a tranquilidade e lugares onde se poidan realizar actividades de ocio. Para que funcione unha casa rural necesítanse como mínimo 2 persoas para a temporada alta e inverterase nela uns 241.000€
7. É un negocio en expansión ¿Por qué razóns?
Si, aínda que cada vez sofren máis ameazas como a industrialización do medio.
8. ¿Como se dan a coñecer este tipo de empresas?
Pódense promocionar a través de guías turísticas, páxinas web ou folletos
9. ¿Quen leva normalmente as actividades de contabilidade, nóminas e impostos?
O director da casa rural
10. Normalmente ¿Qué forma adoptan este tipo de empresas en Galiza: Sociedades Anónimas, Limitadas, Cooperativas, Autónomos,…?.
Soen ser autónomas pero tamén existen empresas familiares
11. ¿Como podes estimar o tamaño do teu mercado nesta zona? (non o copies todo fai un breve resumo).
Unha oportunidade é instalar o negocio nunha zona rural moi coñecida, iso aumentaría o número de clientes e ademais, ao facer unha boa relación calidade/prezo, destacaríamos en canto a competencia
12. Dentro do cadro de:
a. Ameazas.
b. Oportunidades.
c. Puntos fortes.
d. Puntos febles.
Escolle as dúas que consideres son as máis importantes. Na clase preguntaremos o porqué.
-Ameazas: A industrialización do entorno e despoboamento dos núcleos rurais
-Oportunidades: Creación de servizos no turismo rural e o apoio constitucional
-Puntos fortes: Aumento da demanda do negocio e boa relación en calidade/prezo
-Puntos febles: Escaseza de persoal e a forte estacionalidade
-Puntos febles: Escaseza de persoal e a forte estacionalidade
13. ¿De que forma pagan normalmente os clientes?.
Normalmente en efectivo
14. ¿Como se lles paga normalmente aos provedores?
Pagos en efectivo, contas bancarias...
15. ¿Cantas empresas de turismo rural había na comarca no ano do estudio?
Na Coruña 104, en Lugo 114, en Pontevedra 61 e en Ourense 121
16. Normalmente as Sociedades (empresas con varios socios) son empresas de maior tamaño que as Persoas Físicas (montadas por unha soa persoa). ¿Cantas das empresas de turismo rural da comarca son Sociedades?
Todas son sociedades
17. ¿Como é o local no que se desenvolve esta actividade? ¿Qué zonas tería?.
Poden ser tres tipos de establecementos:
1º Grupo: Neste grupo están os castelos, pazos ou mosteiros que teñen un gran valor arqueolóxico e cultural.
2º Grupo: Son as casas ou edificios dedicados ao turismo que están situadas en zonas rurais.
3º Grupo: Aquí situamos as casas de labranza, nas que os turistas hospedados teñen a oportunidade de participar nas actividades labregas.